Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 26 de mayo de 2014

Empate co Chaian en Outeiriño

Este sábado en Outeiriño tiñamos un partido que podíanos traer problemas si o Chaian non gañaba, en caso de empate o victoria teríamos salvado a categoría nesta Primeira División A, ainda que agora mesmo ocupemos a 9 posición podían darse combinacións que nos puxeran en perigo de descenso.
Saimos con solo 11 xogadores o campo e destes un lesionado, logo aparecería outro e así fomos aguantando este final de liga, onde as lesións e outros compromisos extradeportivos fan que cada día sea unha odisea xuntar once xogadores no campo.
Enfrente estaba o Chaian, un equipo que ainda que leva tempo sin gañar e que vai detrás noso, ten case que os mesmos número que nos, solo dous puntos menos, pero e o noso equipo xemelo en canto a goles marcados, goles encaixados, etc. Ademais un equipo que da gusto xogar con eles, ningún problema, ningunha bronca, e tocan o balón con moitos cambios de xogo.
Saímos como sempre con dúvidas esperando un pouco o que eles querían facer, si viñan a polo partido ou se conformaban co empate, pero non eles viñan a polo partido e así o demostraron durante todo o partido, ainda que o empate foi un resultado xusto.
No primeiro tempo pouco que resaltar, moito medio do campo e poucas ocasións de gol, chegando o descanso.
No segundo pois pouco mais do mesmo, nós un pouco mellor intentamos marcar pero sacando alguna boa intervención do porteiro e un balón o longeiro de Pampín dende fora da área. pouco mais que decir deste partido.
Para nós o obxetivo conseguido, que era o de salvar a categoría e nestes momentos na novena posición como se vé na clasificación da Agrupación.
Próximo partido en Camporrapado contra o seu equipo de veteranos, un partido xa tranquilo e sin presión, onde vamos a divertirnos si damos xuntado once xogadores.
Aupa River.


lunes, 19 de mayo de 2014

A pesar dos pesares rescatamos un punto de Ouro en Amio

Presentámonos en Amio coa idea de acadar alomenos algún punto, sabendo que o seu mellor xogador e o máximo goleador la liga non iba a xogar, pero si, seica xa cumplira no partido atrasado contra o Golada, non entendemos como se pode cumplir unha sanción antes de que sea comunicada os equipos, increible pero certo, de todalas formas vamos a presentar una aclaración dos feitos.
Chegamos con 12 xogadores, dous deles lesionados pero vestidos para o partido, o porteiro viría logo un pouco mais tarde e incorporase o partido unha vez empezado.
No primiero tempo dominamos o xogo, pero seguimos sin profundidade, e nos para marcar un gol, imposible, tivemos algunha ocasión pero a pesar de que eles estaban sin o seu porteiro, Amancio atallaba todos los balóns porque parecía que lle iban as mans.
Marcos deixaba o terreo de xogo polos dolores no seu pé dereito, a lesión estaba ahi e como Chenel xa se nos fora nun par de ocasións, decidimos que Lolo deixara o centro do campo e se colocara no centro da defensa que era o único perigo que tiñamos.
Nestas Elias, que fixo un bo partido, regatea a un defensa dentro da área e derribano de feito claro, penalty que nos señalan, todo parecía que podía cambiar o resultado. Lanza Julio o medio da portería e atalla o porteiro, increible pero certo.
Chegamos o segundo tempo, o calor estaba facendo mais difícil xogar, e eles tamen con moitos lesionados, tentaban buscar sempre o seu dianteiro para que resolvera o partido.
Decidimos poñer a Pampin de central para cubrir a Chenel, renunciando un pouco o seu xogo de banda, pero neses momentos era o xogador que mellor podía aguantar o seu ritmo, dado que Lolo pedía un descanso.
E nun corner increible, digo increible porque marcamos nós en propia meta, pega o balón en Lolo e entra chorando o lado do noso porteiro Chin. O mundo vensenos encima, antes Cuiña estivera a punto de marcar e mesmo Beni tamen tivera outra ocasión de gol.
Ir perdendo o partido nesas circunstancias non parecía verdade, pero era certo, e ahi chegaría o mellor deles, solo nun par de ocasións Chenel rematou a porta e poido marcar o segundo, incluso unha ocasión clarísima onde non lle pega o balón diante da linea de gol.
Pero o futbol e así de increible e chega o noso gol, nun remate buenísimo a porta de Toño Pampín que nos está dando goles moi importantes en momentos como estes.
Xa non faltaba moito para acabar o partido, eles igual que nos moi rotos polas lesións e o cansancio neste final de liga tamen se conformaban co empate, e así chegamos con un puntiño de Amio, que nos sabe a moito, tal e como estaban as circunstancias.
Próximo partido en Silleda contra o Chaian, dados os resultados do Tourline, un empate valenos para salvar a categoría, ainda que nos a eso non sabemos xogar, e aindda que somos o equipo que mais partidos empatou nesta categoría, iremos a pola victoria para asegurar definitivamente a permanencia, pero tampouco vai a ser un partido doado xa que eles tamen se están xogando o mesmo ca nós, e ainda que levan alomenos dez partidos sin gañar, nestas circunstancias todo e posible.
Aupa River.




lunes, 12 de mayo de 2014

Non merecemos perder e complicamonos a vida ante o Lousame

Este sábado iba a ser un día nefasto para o River Silleda, logo de empezar o partido con 11 xogadores, os mesmos ca eles, e nos coas baixas de Elias, Santi, Nacho e Julio por sanción, perdimos un partido que non merecimos gañar, mesmo merecimos gañar, pero a sorte desta vez non estivo do noso lado, senon do deles e nunha xogada desgraciada onde ademais se lesionou un xogador noso que non pudo acabar o partido, eles marcaron o seu gol.
Empezou o partido con eles ben posicionados atrás, cousa que fixeron ben todo o partido, nos moi lentos na transición de balón, chegabanmos mais ca eles e tivemos algunha ocasión de gol, mesmo Toño Pampín tivo una clara.
Asi chegamos o descanso todo parecía que nos no segundo tempo lle podíamos marcar o gol e gañar, ainda que tamen estaba moi claro que os dous equipos estabamos cansados e iba a gañar o que mellor físico tivera o non haber cambios estaba asi o partido.
No segundo tempo o partido foi noso, sobre todo por ocasións, si e certo que eles atrás seguían ben ordenados e o seu porteiro fixo paradas de moito mérito, una parada abaixo nun balón de Beni, un remate fallido de Toño Pampín, pero todo seguía igual.
O que pasa e que o dominio do noso equipo estabase poñendo un pouco perigoso, eles salían co balón rápido e a nos xa nos costaba volver, e así nuha xogada aislada nun balón casi perdido na banda, onde eu me lesionei o intentar botar o balón fora, eles centran atrás e chega un xogador solo que manda o balón o fondo da portería, desesperase Chin porque non tivera case que traballo en todo o partido.
E logo o equipo queda con 10 xogadores no campo, o esforzo xa fora moito e ainda asi tentouse acadar o empate para creer na remontada, eles atrás agora con mais seguridade perdían tempo e non se complicaban, incluso poideron marcar noutra xogada a contra.
Ainda así a derradeira oportunidade sería nosa, nun balón de falta que lanza Pampín a escuadra e o porteiro deles nunha increible parada bota o balón fora.
Resumen, que nos complicamos a vida e temos que gañar un destes tres partidos alomenos, dadas as irregularidades que poder haber, porque o outro día o Lousame falaba de deixarlle gañar o partido o Tourline Boiro, falta unha semana pero xa se verá o que fan.
Seguimos dependendo de nós, pero esta oportunidade foisenos, agora partido contra o Amio, a ver si recuperamos algún lesionado e sancionado e podemos sumar algo positivo.
Aupa River, faltanos o derradeiro arreón.

lunes, 5 de mayo de 2014

Empate diante do lider Terras de Xallas

Valioso o empate deste sábado en Outeiriño (Silleda) diante do lider da categoría neses momentos o poderoso Terra de Xallas.
O partido empezou moi igualado, pola nosa parte a baixa de Juvenil que nestes momentos ocupa a posición de eixe do centro do campo deixabamos un poco orfos a hora de facer xoga e mover o balón, polo tanto tiñamos que volver a facer un xogo mais directo e polas bandas.
Ainda que eles non lanzaron moito a porta si tiña presión constante sobre a nosa porterei e as faltas que faciamos a veira da área podían acabar en gol tendo en conta que Albite lle pega moi ben.
Pero non houbo nada saiantable no primeiro tempo, a non ser a nosa dregraciada lesión de Santi que caeu sobre o ombro e tivo que retirarse do xogo pola gravedade da lesión, unha baixa moi importante para nos.
Con 0-0 empezamos o segundo tempo, xa estaba no campo Julio Ferradas e sabíamos que eles viñan a polo partido, polo tanto tocaba sufrir e tentar marcar algunha das nosas posibilidades que as tivemos, por un lado un lanzamento dende fora da área de Beni que desviou o porteiro fora, e outra un remate de cabeza de Toño Pampín que sacou o porteiro non seid e que maneira.
Ainda así a ocasión mais importante tiveronna eles cando o colexiado pitou un penalty, para min moi riguroso ou inexistente, que nos costou a expulsión de Julio Ferradas por roxa directa, menos mal que o penalty lanzarono fora.
E a partires de ahi tocou sufrir, con dez xogadores no campo, tocou defender os ataques deles como se pudo, sin mais chegou o final do partido que nos deixou un valioso empate que nos pode valer ouro o final desta liga.
Próximo partido ante o Lousame en Silleda, partido que nos xogamos moito porque se trata de un rival directo, en caso de gañarlles estaríamos particamente salvados a flata de 3 xornadas.
Aupa River.