Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





miércoles, 27 de marzo de 2013

Gañamos o Lousame, cuarta victoria seguida

Este sábado pasado tíñamos outra final en Silleda contra o Lousame, un equipo que non eé un rival directo pola loita do descenso pero que necesitábamos gañar seguir sumando e sair do pozo no que nos metimos este ano.
O rival, un equipo serio e con bo xogo, nada barrulleiro e con xuventude, xa no partido de ida, onde eles non tiveron nada de culpa pero o árbitro nos fixo unha desfeita total.
Saimos o campo, a ver como se movía o rival, a verdade e que eles tocaban o balón con sentido e nos non éramos capaces de dar dous pases seguidos.
Ainda que as ocasións non chegaban por nigún dos lados, eles adiante amosaban perigo constante, a nosa media desbordada non sabía como atallar as súas embestidas, a defensa un pouco agobiada, ainda que segura temía o peor.
Pero nun corner Luis sube o remate e engancha un balón coa cabeza que o defensa deles non saca e Lolo remacha o gol.
E así nos fomos o descanso, no segundo tempo poucos cambios tivemos por ambos lados, o xogo foi bastante igualado, ainda que podía pasar que eles nos empataran o partido e eso para nós era unha bagoa tal e como estámos necesitados de puntos nestes momento.
O final, gañamos 1-0 e sumámos tres novos puntos no noso taboeiro. Próximo partido atrasado contra o Terra de Xallas as 9 da noite o mercoles 27.
Sería moi importante acadar os 3 puntos, en caso de non facelo, ó próximo partido e moi complicado contra o rival directo o Barbanza Touliña en Boiro.

lunes, 18 de marzo de 2013

Gañamos o Chaian e xa levamos 3 victorias seguidas

Este victoria contra o Chain confirma a nosa remontada na segunda volta desta liga que tan mal empezamos, son 3 as victorias encadeadas e 4 os partidos que levamos puntuando, 10 de 12 puntos posibles contrarivais tan importantes como o Negreira ou o Sp. Puebla, Chaian e o Melide.
Antes de nada decir que debido a alineación indebida do Melide contra nos, este equipo foi sancionado con 6 puntos de penalización, pola cal o Melide neste momento e logo de empatar contra o Sp. Puebla, ten 16 puntos e nos 22.
Saímos como sempre a tentar de xogar as nosas bazas, e ver como respondía o rival, un rival que toca moito o balón e xoga o futbol, ainda que sin crear moito perigo, polo demáis e un dos equipos mais limpos, non solo da categoría senon incluso de todolos da Agrupación de Santiago.
Seríamos nos os primeiros en marcar o gol, Nelson nesta ocasión non falla e bate por baixo o porteiro nunha boa entrada súa pola banda.
Eles tocaban e tocaban o balón sobre todo do medio campo para atrás, e nos sin sufrir moito, menos nun par de ocasions que Fernando toca o balón rexeitando o perigo.
Asi chegamos o descanso, e no segundo tempo, eles saíron con mais gañas de atacar a nosa área, ainda así Beni pega un tiro dende fora da área que da na cruceta da portería, podería ser o 0-2 pero nesa mesma xogada en contra ataque o seu extremo enfrenta a Marcos que lle ten que facer falta, e nesa falta chega o empate a 1-1.
Seguimos mais ou menos na mesma teima e chegaría o noso gol, Beni escapase pola banda e case que sen ángulo mete o balón na portería, 2-1.
Pero non estaba todo dito, e Fernando fixo unha boa parada nun rexeite noso logo de dos despexes defectuosos e mesmo logo de parar un tiro de falta, despexa un remate a boca xarro de dos dianteiros deles, que poderían estar en fora de xogo.
O árbitro estivo ben, a verdade e que a cordialidade deste equipo roza a perfección, e non houbo ningún tipo de trifulca entre nos e eles.
Final, victoria en Chain que nos sabe a gloria, a ver si somos de encadear os dous seguintes partidos que xogamos no noso campo contra o Lousame e contra o Xallas, de ser así poderíamos decir que estamos no camiño da salvación, logo desta tempada tan desastrosa.
Próximo partido en Silleda contra o Lousame, aupa River.

jueves, 14 de marzo de 2013

Gañamos o Cire de Melide

O sábado gañamos un partido importante contra o Cire Melide, e ainda que na primeira parte o resultado foi de 0-0 no segundo tempo o noso equipo foi superior o Melide, equipo que xa nos gañara no anterior partido sin merecelo.
Nos primeiros minutos do partido Nelson desaproveitou unha ocasión ante o porteiro rival e logo pouco mais que contar, a non ser que facía moito aire e non eramos capaces de controlar ben o balón, o campo estaba moi rápido e non facíamos boas combinacións coa pelota.
No segundo tempo o noso equipo botoulle mais gañas e fomos superiores a ales, polo menos neso en ganas de gñar o partido.
O primiero gol chegaría con un disparo dende fora da área de Beni, e o segundo chegaría xa cerca do final do encontro, gol de Pampín.
Despois desta victoria poñemonos ahi con posibilidades de salvar ainda a categoría, a pesar da pésima primeira volta, onde xogando non mal de todo, non fomos capaces de sumar puntos e case que ningún dos partidos.
Xa veremos en que queda a reclamación por alineación indebida dun xogador do equipo contrario, e si lles sacan puntos, nos avisamos pero non fixeron caso ningún.
O final do partido unha trifulca entre un xogador noso e dous deles, polo demaís partido limpo.
Próximo partido en Chaian as 6 da tarde, a ver si somos capaces de seguir nesta racha de partidos puntuando.


lunes, 4 de marzo de 2013

Victoria ante o Sp. Puebla

O sábado xogamos ante o Sp. Puebla.
 En prinicipio era un partido bastante complicado dado a entidade que o rival amosara en Silleda e polas demais circunstancias extradeportivas que fixeran que se repetira o partido, ademais das trifulcas que houbera.
Saimos o campo a ver como se atopaba o rival, xa víamos que algúns dos xogadores importantes do equipo rival non estaban o que fixo que en ningún momento amosaron o xogo da primeira volta.
Saimos o campo tentando dominar o xogo e ver si podíamos chegar a marcar, e a verdade é que a pesar da nosas baixas de Beni e Marcos o equipo atopouse ben en todo momento.
O xogo deles baseabase en balóns largos en busca dos dianteiros, sin transición no centro do campo, que foi noso durante todo o partido.
E nunha xogada nosa, Nelson vaise dos defensas que eran moi lentos e enfrenta o porteiro, este saca a man abaixo e desvía o balón a corner, mágoa porque poido ser o noso primeiro.
Pero logo de un par de tiros nosos dende fora da área chegaría o noso gol, Nelson nesta ocasión vaíse dos defensas e marca ante a saíada do porteiro, bonito gol do paraguaio.
Eles tampouco amosaron moito perigo, solo algunha dúvida en defensa moi puntual, o equipo rival estaba moi nervioso e entre eles facíanse desprezos e chegou o momento onde incluso o porteiro local sacou os guantes e a punto estivo de marcharse do encontro, logo de mandar o balón fora do campo.
Así chegamos o descanso, 0-1.
No segundo tempo, eles saíron moito mais metidos no partido e ainda que o seu xogo non melloraba, algúns deles colleronna con nos e co colexiado, todo eran protestas e follons pola súa parte, malos modos con nos, a verdade e desos partidos que te plantexas o de seguir xogando en veteranos.
Sin moito mais que contar, solo un balón o longeiro noso de falta que lanzou Pampín, logo de unha falta que lle fixo o defensa cando se iba para enfrentar o porteiro, pudo ser xogada de gol.
Eles pediron penalti nunha xogada, onde un deles ameazou ó arbitro de malos modos, dando este por finalizado o encontro.
Pola nosa parte ben todo o equipo, e pola deles, decir que este non ten nada que ver con aquel bo equipo que vimos na primeira volta, un equipo desesperado e sin xogo, de seguir asi creo que acadaran o ascenso a división de Honra.