Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





miércoles, 23 de mayo de 2012

Partido Homenaxe a Machete

O sabado xogamos un partido en homenaxe o noso compañeiro Daniel Fraiz Salgado (Machete), que nos deixou esta tempada, logo de unha longa enfermedade.

O partido será o día 19 de Xuño as 7 da tarde en Outeiriño, e nel participarán os xogadores que queiran amosar o seu recordo. En principio van a participar xogadores do River Silleda, do Lamela, do Merza e do Xanadu Silleda, pero está aberto a calquer xogador. O partido será arbitrado por SUSO de Lalín que se sumou o seu homenaxe.

Neste partido homenaxe, entregaráselle unha placa recordo a su muller.

Logo teremos unha comida no seu recordo no Restaurante Pino.

Fin de Tempada.

Chegou o fin desta tempada con dous derradeiros partidos, derrota en Outeiriño ante o D. Budi por 1-5, con un malisimo arbitraxe de Martín, que non corree asi non se pode pitar en División de Honra. Sin mais historia eles teñen un bo equipo e merecen quedar na terceira posición sin duda ainda que os dous partidos con eles foron con arbitraxes pésimos, sobre todo o de Milladoiro onde o árbitro nos roubou o partido, en Silleda neste partido xa foi outra cousa, eles moi superiores.
E o derradeiro partido era en Dodro co Romel, pois penosamente non fomos capaces de xuntar mais de sete xogadores para disputar o partido, polo cual perdemos 3-0.
Teremos que pensar seriamente si a xente quere continuar co equipo ou que facemos coa plaza, que para o ano que ben, será Primeira División A.

miércoles, 2 de mayo de 2012

Empate do River Silleda ante o Negreira

Este sábado o noso equipo empatou 1-1 no campo de Outeiriño diante do Negreira Vateranos, un equipo que se atopa en apuros e co que empatamos os dous partidos que xogamos.
Como  non estiven no partido solo pode decir o que me contarón, co cal depende de quen fale, adiantaronse eles no marcador no primeiro cuarto de hora nunha entrada pola banda do seu interior, houbo ocasions por ambas bandas e aprece ser que eles mandaron un balon o poste, tamen comentaron os nosos xogadores que o porteiro deles debía ser expulsado por unha parada fora da área, o colexiado enseñoulle a tarxeta amarela.
Empatou o River de penalti sobre Pampín, o final do partido eles tiveron unha trifulca co árbitro debido a expulsión do número 9 deles por insultos.
Próximo partido contra o Universidade en Calo as 4 da tarde, tentaremos seguir dando a cara asta o final desta delicada tempada para nós.
Aupa River.