Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 31 de octubre de 2011

Derrota en Dubra.

Logo dun bo comenzo de partido, onde asta fallamos un par de ocasions de gol, chegaría o vendaval do Dubra que fixo que en dez minutos xa tiñamos 3 goles en contra.
O primeiro gol chegaría logo de un corner que Fernando non saca ben, remata o capitán deles  e Nercellas non chega a poder sacar para fora.
O segundo gol deles, o dianteiro centro regatea a 4 xogadores e entra na área mandando o balón o fondo da portería, moi parecido o terceiro.
Con 3-0 fomos o descanso, no segundo tempo e con todo perdido fixemos un partido moi serio, onde incluso dominamos no xogo e tivemos algunha ocasión de gol, pero alomenos mais de 5 ou 6 tiros a porta pasaron cerca dos paos laterais e os outros foron detidos polo porteiro contrario que demostrou ir moi sobrado, con unha actuación incleible, podese decir que podíamos xogar todo o fin de semana e non lle ibamos a marcar ningún gol.
O final, incluso chegaría o gol deles por unha falta de entendimento entre o noso porteiro e o defensa, nunha contra, 4-0.
Alomenos no segundo tempo puxemoslle cara o partido e competimos en igualdade, o do primeiro tempo para esquecer.
Seguinte partido moi complicado na casa contra o Mirador de Padín de Ribeira, equipo con bos xogadores pero temos que tentar acadar algo positivo de Outeiriño.

lunes, 24 de octubre de 2011

Chegou a Primeira Victoria.

Tivemos que esperar a sexta xornada para gañar o primeiro partido na División de Honra, tres derrotas e un empate era o feito asta o momento, ben e certo que xa nos enfrentamos a 3 dos "gallitos" da categoría (Mad. Ramos, Boqueixon e Rivadavia).
Empezamos o partido con Fernando Piñeiro de porteiro pola lesión do noso cancerbeiro titular Chinchilla, que esperemos se recupere o antes posible.
En principio o Rec. Arturo era un rival asequible, e así o demostrou durante o partido, nos saimos a xogar as nosas bazas, con Pampín na punta da dianteira. e sería él o que abría o marcador para nos, enfrenta o porteiro e bateo por unha banda. Todo iba mais ou menos ben asta que nunha xogada pola banda dereita, logo de unha perda de balón cometemos unha falta e o saque de falta, ainda que despacio e ben colocado entra pola nosa portería, empate 1-1.
A partires dese momento nos non encontrábamos o noso xogo e logo dun saque de falta rápido, penalty en contra nosa, o dianteiro emvía o balón fora, menos mal. E así nos fomos os vestiaríos con empate.
No segundo tempo dominamos mais o xogo e eles solo chegaban a balóns largos e aillados, creando algún apuro mais polos nervos que polo propio perigo das xogadas.
E así chegaría o noso segundo gol, logo de un pase de Roberto a Curras este manda o balón o fondo da porteria, 2-1.
E ainda noutra xogada mais preto do minuto 30, Curras volve a batir o porteiro rival de un tiro forte dende fora da área, 3-1 e xa solo era cousa de aguntar o resultado asta a conclusión do partido.
Esta semana, o árbitro pasou desapercibido, a pesares do penalty en contra, eso é unha boa noticia para nos, porque quere decir que fixo un bo arbitraxe.
Próximo partido en Dubra ante o B&B Fisioterapia, partido complicado pero nos tentaremos facer o noso xogo de contención e contra ataque....Aupa River.....

lunes, 17 de octubre de 2011

Duro castigo en Calo ante o líder

O partido do sábado en Calo é para esquecer por todalas circunstancias que se deron. Non hai dúvida de que o Maderas Ramos ten un moi bo equipo pero e vergoñento o arbitraxe que sufrimos por parte do Sr. Montero, ojallá non volva a dirixirnos algún partido. Non pretendo buscar unha xustificación a abultada derrota do noso equipo nin moito menos, pero con un arbitraxe intimidatorio e chulesco, onde nin siquera nos podíamos dirixir a él, todo eso sacounos do partido e o que parecía un día para disfrutar do futbol convirteuse nun calvario.
Comenzou o partido con eles atacando e nos defendendonos ben e ordeadamente, eso duro mais ou menos 18 minutos, momento no que chega a segunda tarxeta amarela de Dardo e a súa explusión, antes xa mostrara o noso equipo 3 ou 4 tarxetas antes, estabase cebando con algúns dos nosos xogadores e ameazandon con expulsarnos a todos, intentamos tranquilizalo pero era imposible, seguía na súa.
Así chegaría o gol deles, nos con dez xogadores sobre o campo a eles eralle moito mais fácil atacarnos polas bandas sobre todo, e logo chegaría o segundo gol, o descanso fomonos con 2-0.
No segundo tempo, intentamos falar con el no vestiario pero foi imposible, non daba opción a falar nin a tranquilizalo, fora de sí cada vez que lle querías decir algo, ameazando os nosos xogadores constantemente.
Segundo tempo, logo das discunsions do descanso e polas ameazas a algún dos nosos xogadores, decidimos deixar a dous deles fora porque os iba a votar directamente, salimos con Fernando (porteiro suplente) adiante e afrontamos o segundo tempo intentando evitar as expulsións, e así chegarían os goles uns tras outros, un noso en propia meta e para rematala o Sr. Montero pitanos dous penaltis inexistente ou moi duvidosos nos derradeiros minutos do partido cando xa íbamos 7-0.
Resumindo, non sei que interes pode ter o Sr. Montero en favorecer o Maderas Ramos ou mais ben en machacar o River Silleda, pero dende logo este home non está para pitar hoxe en día nun campo de futbol.
E si él pode facer como dí, o que lle da a "puta gana" no terreo de xogo, tamen hai algo que se chama liberdade de opinión, e eu podo escribir o que eu vexo no terreo de xogo.
Neste caso tounos a nos, e de seguro que hai mais casos e houbos, pero alguen ou mellor dito todos, deberíamos facer algo por axudar a que estas cousas non pasen.
Dito todo esto, que sin dúvida é una caso puntual, todolos outros partidos os árbitros estiveron moi ben e sempre correctos co noso equipo.
Próximo partido, Recambios Arturo, vamos a pola primeira victoria.

Traballado empate co Boqueixon

O partido co Boqueixon foi moi disputado onde eles demostraron ter un bo equipo e pola nosa parte puxemos todo o que tiñamos e o final levamos o premio de un punto que nos deixou un bo sabor de boca.
No primeiro tempo adiantaríanse eles, logo de unha falta sacada dende case o corner, o balón peta no longueiro e Cuiña non acerta a despexar o balón.
No segundo tempo, chega no noso empate con un remate de falta sacada por Mariño e Jose Luis envía o balon o fondo da porteria.
O 1-2 chegaría nunha falta sacada por eles hacia un lado entrado pola banda e rebasando o noso porteiro que neses momentos xa era Miguel Cuiña, e todo parecía que iba a quedar así pero nun corner, Jose Luis outra vez conseguía o empate para nos.
O árbitro paso desapercibido para ambos equipos.

sábado, 8 de octubre de 2011

Derrota en Tordoia

Merecemos moito mais en Tordoia, un empate houbera sido un bo resultado e xusto, pero eles o final con sete cambios levaronse o partido por físico, nos con trece xogadores ainda que empezamos gañando o partido e fomonos o descanso con empate  1-1, no segundo tempo a falta de 9 minutos e nunha xogada de fortuna por parte deles poñíanse por diante no marcador e acababa o partido, ainda así lle daría tempo para marcar outro gol mais.
Pola nosa parte, o equipo empezou moi ben e sería Beni, que este ano está impecable, adiantaríanos no marcador, nos defendendo ben parecía que podíamos sacar alomenos un empate de Tordoia, pero non foi asi e a segunda derrota chegou este ano, ano complicado na División de Honra.
Sabado outro partido moi difícil contra o Hnos Couto Boqueixon....aupa River.....