Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 31 de enero de 2011

Derrota en Copa en Boiro

O sábado caimos eliminados en partido de Copa por 4-1 contra o Redesil Abanqueiro, presentamonos alí con só 12 xogadores para disputar o partido no que non nos iba nada.
Tomamos o partido como una pachanga para pasalo ben, pero a verdade mellor pasaronno eles, porque ainda que empezamos gañando o partido a nosa intensidade daballe moitas facilidades sobre todo en defensa onde non o tomamos demasiado en serio e así nos foi, perdemos 4-1.
O peor da xornada foi a expulsión de Marcos o final do partido por roxa directa o que nos fai perder un xogador mais para o próximo partido, e van 5, co cual vamos a ter que una plantilla moi curta para afrontar o partido contra o Amio, cuarto clasificado e ahí si nos importan os puntos.
En canto o arbitraxe vou a facer unha referencia. Xa está ben de que Sr. Lito siga pitandolle partidos os equipos de Boiro e arredores na casa, porque sempre fai o mesmo, ten duas varas de medir, como faga asi de municipal........apañados van os veciños.
Aupa River....

viernes, 28 de enero de 2011

Partido de copa en Boiro.

Maña sábado xogamos no campo de Vista Alegre (Boiro) contra o Redesil Abanqueiro partido da primeira ronda de Copa, as 6 da tarde.
En principio a copa non nos preocupa o mais mínimo, o noso obxetivo e a o ascenso de categoría na liga, polo que este partido vai a ser para divertirse e pasalo ben, esperemos que poidamos contar alomenos con mais de once xogadores sobre o terreo de xogo.
O equipo contrario milita na primeria división B polo que a priori e un rival asequible pero parece que son moi peleóns, e o que menos queremos agora mesmo e perder xogadores por expulsións para a liga, polo que non se poderá meter moito o pé non vai ser.
Salimos maña sabado as 4 e media do Bar Trujillo.....AUPA RIVER......

lunes, 24 de enero de 2011

Empate ante o Lalín.

Como era de supoñer o partido do sábado iba a ser un derbi, e como tal, un partido con loita, tensión, e gañas de non perder por parte de ningún dos equipos.
En lineas xerais, nos non fomos capaces de impoñer o noso xogo como fixeramos no partido da primeira volta en Silleda, polo que o partido foi un pouco aloucado, onde eles defendían ben e as contras e en balons largos eran perigosos, a nosa linea media e defensiva non estivo a altura das circunstancias e nalgúns momentos estivemos presionados polo seu dominio.
O partido comenzaba con un balón o pau de Javi Glez que logo de enfrentar o porteiro parecía que iba dentro pero non foi así, sen dúvida este gol poido cambiar o partido.
Eles pola súa parte tiveron un balon o poste e outra xogada clara de gol, nunha boa parada do noso porteiro Chinchilla que estirandose desvía o balón a corner.
Así chegamos o descanso, no segundo tempo ainda fixemos menos, o medio non podía enlazar coa dianteira, as  lineas estaban moi separadas e eles tentaban adiantarse no marcador, e así viría o gol deles, saque de porta, os nosos xogadores mais atentos o árbitraxe que o partido deixan correr o balón que chega a área e ali mediante unha parede meten o balón na portería, xarro de auga fría porque xa soio faltaba pouco mais de dez quince minutos para acabar o partido.
A partir de ahi, damonos de conta que o partido está perdido e empezamos a correr e a loitar os balóns con mais intensidade, e así chegaría o empate, logo dunha xogada de Javi, que eles acaban enviando o fondo das redes.
O final do partido, tangana provocada pola actitude do árbitro Ruibal, que acaba expulsando a Javi Glez logo de faltarlle el mesmo o respeto, e tarxetas amarelas para moitos xogadores, sendo Curras e Mariño expulsados por doble amonestación.
O mellor o resultado que parece xusto, ainda que as expulsións nosas van a pesar mais do debido, non se pode caer nas provocacións cando non levan a nada mais que a tarxetas innecesarias.
Seguimos unha xornada mais, na cabeza da clasificación, para a semana, temos partido de Copa contra o Redesil Abanqueiro e logo a noite cea......

miércoles, 19 de enero de 2011

Sabado partido de rivalidade contra o Kubos Lalin

Sábado as 6 e media da tarde xogamos o partido da rivalidade  contra o Kubos Lalin, na primeira volta gañamos en Silleda por 2-0.
De todolos partidos disputados contra o Lalín no seu campo, nunca fomos capaces de gañar en Lalin, este ano parece que podemos conquerir os tres puntos, ainda que non vai a ser nada doado dada a calidade dos seus xogadores, Xavi, Galego, Montoto, Mon, Miguel, etc, todos eles saben moi ben como mañexarse sobre os terreos de xogo e están curtidos e mil batallas.
Van ser un oso moi duro de roer.....pero nos vamos a poñer todo da nosa parte.

AUPA RIVER SILLEDA........

domingo, 16 de enero de 2011

River Silleda 2 - Xallas 0

Primeiro partido da segunda volta ante o equipo do Xallas, en principio parecía moi complicado pero non foi tanto a pesar de que o marcador non foi moi abultado.
Salimos o campo, eles moi xustos de xente, pola nosa parte solo dúas baixas, lolo e David Vieitez, e no primeiro minuto centro de Dardo e remata Javi Gonzalez, 1-0.
Pola nosa parte tiñamos o control de xogo e solo nalgunha xogada aillada ou nunha falta podía o equipo contrario facernos gol.
Así chegaría o segundo gol de Mariño que transforma una falta dende lonxe, golazo de empeine total, fuerte e ben colocado, 2-0.
E así chegaríamos o descanso, sin moitas mais istorias que contar, nos fallando moitas ocasions pero eles defendíanse como podían, teñen xente con calidade pero faltanlle cambios e eso podería parecer que no segundo tempo ibamos a golear.
No segundo tempo non cambiou nada, nos dominando o xogo e eles aguantando os nosos ataques, intentando sair eles o contraataque para acortar distancias no marcador, pero nada, así acabaría o partido, 2-0, sin pena nin gloria.
Próximo partido, visita o Lalín, partido de rivalidade, onde xa nos coñecemos todos e que sin dúvidas vai a ser difíciles para os dous equipos, polo menos a priori.....AUPA RIVER..........

lunes, 10 de enero de 2011

Victoria ante o Outes e Campions de Inverno

O sábado terminouse a primeira volta do campionato da Primeira Divisíón A co noso equipo liderando a clasificación cos mesmos puntos que o Tordoia, una situación na que non esperábamos a esta altura da competición, con medio pé posto no ascenso si todo vai mais ou menos de unha maneira axeitada no resto do campionato.
Acadamos 38 puntos dos 45 posibles, só una derrota e dous empates, unhos bos números que non deixan dúvida do que é capaz de facer este equipo, que ainda que non somos o mellor da competición nin moito menos, si sabemos o que xogamos.
De todas formas, non vai a ser doada a segunda volta nin moito menos e teremos que loitar moito para acadar o ascenso que agora si que xa é o obxetivo a conquerir.
Pouco que decir do partido do sábado ante o Outes, 3 goles de Javi Gonzalez nun día moi acertado pola súa parte, e mal partido por parte do noso equipo que está a pasar problemas de xogo ultimamente, non somos capaces de artellar un xogo fluido e vistoso.
En canto o equipo contrario, si que amosou boas formas e sorprende que sea o colista da clasificación, ainda que en ataque sea un pouco romo.
Felicitacións a todolos integrantes do equipo e xa sabedes o sábado 29 de Xaneiro, cena de celebración no Campo do Picoto.
Aupa River....
P.D.: Sábado partido en Silleda ante o complicado equipo do Xallas.