Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 20 de diciembre de 2010

Victoria e Liderato.

Partido as seis da tarde en Bertamirans contra o equipo da casa esta sábado, tarde noite fría que invitaba mais a tomar unhas cañas que a xogar o futbol.
Nos presentábamos as baixas de David Vieitez, Beni, Nacho, Francis e Marcos, asi e todo en principio saíamos coa seguridade de que o partido tiña que ser noso e de que os 3 puntos iban a vir para Silleda.
Pero non foi tan doado, eles un equipo correoso que se nos adianta no marcador con un gol dende fora da área nos primeiros minutos debido a un erro defensivo, pola nosa parte non tardaría moito en chegar o empate co que nos iríamos o descanso, gol de Javi que nos daba a tranquilidade que nos facía falla.
No segundo tempo logo de non estar facendo bo xogo, o partido estabase volvendo loco e nos axudábamos a que se volvera nun correcamiños, tiros a porta sin control, ocasions falladas por falta de puntería, eles o contra ataque podían empatar en calquer momento, pero nunha desas chega o gol de Cuiña nun centro chut e sube o 1-2 co que acabaría o partido.
Non hai mais istoria neste partido, solo que foi unha xornada boa para nós porque o USC (Universidade) gañaba por 3-0 o Alm, Cancela Tordoia o que fai que recuperemos o liderato de momento acabaremos o ano no primeiro posto, polo que damos por boa nosa primeira volta, a falta de un partido para acabala.
AUPA RIVER.......

domingo, 12 de diciembre de 2010

River Silleda 3 - Cuntis Vet. 1

Tarde soleada, temperatua ideal para xogar a futbol, enfrente o Cuntis, un equipo que leva anos demostrando que é un dos grandes dentro da Agrupación de Veteranos de Santiago.
Polo noso equipo parece que esta semana o equipo rival motivaba a participación, así sobre o terreo de xogo contábamos só coas baixas de Francis por lesión, David Vieitez por motivos familiares e Maril por motivos laborais.
O partido non foi tan doado como parece no resultado, de feito o equipo contrario adiantouse no marcador e acabou o primeiro tempo gañando 0-1, gol de penalty. Pola nosa parte atacabamos a porteria rival creando perigo nos saques de esquina, pero eles o contraataque demostraban que podían facernos moito dano pola verticalidade do seu xogo.
No segundo tempo mudaron as tornas, por varios motivos, por un lado, eles con un xogador menos tiñan mais dificultades para defenderse e logo de varias ocasións chegaría o noso gol do empate, Javi Glez facía o empate.
Eles seguían defendendose como podían, pero logo chegaron as lesión do equipo contrario e o noso gol víase vir de un momento a outro, Lolo dende fora da área facía ó 2-1.
Eles con nove xogadores aguntaban como podían e nun  despiste do porteiro Javi aproveitaba un balón solto e o terceiro subía o marcador.
En líneas xerais o Cuntis é un bo equipo e solo o Tordoia demostrou mais, se non fose pola corta plantilla que presentou o sábado en Silleda, podía levarse algún dos puntos en xogo.
Sábado visita a Bertamirans e damos por terminada a competición para este ano, si gañamos será un bo ano para o River Silleda..... Aupa River......

domingo, 5 de diciembre de 2010

A primeira derrota chegou en Melide

O sábado perdinos a inbatibilidade en Melide por 1-2, neste caso desplazamos once xogadores solos e algún por encima tivo que xogar todo o partido teimado polas lesións, caso de Marcos e Cuiña.
Salimos o campo e parecía que ibamos a gañar o partido sin moitas dificultades, todo era cousa de esperar que Javi ou Francis concretaran as ocasións de perigo sobre a meta rival, pero non foi así e eles de forte tiro dende fora da área adiantabanse no marcador 0-1.
Seguimos loitando, pero o xago era trabado e cortado en todo momento polo equipo contrario, que o que quería era non xogar e maniatarnos o noso equipo a base de faltas e discunsións, co beneplácito do árbitro que estivo desastrosemente mal, non sendo imparcial, casero pero moi casero.
Nunha desas ocasions chegaría o gol do empate de Javi, e así nos fomos o descanso.
No segundo tempo, cambiamos a Manu o medio campo e Nercellas ponse na portería nun intento de gañar o partido, e ainda que eles parecían impoñerse no centro do campo non daban sensación de chegar a marcar outro gol, pero como o noso gol non entraba nunha contra pillannos arriba e Julio o dianteiro deles finaliza unha xogada que os pon por diante, e a partir de ahí pouca máis istoria para nós, o contrario, eles estiveron a punto de marcar algún gol mais dado que nós estabamos arriba en busca do empate.
O final gañou o futbol marrullero e racano do equipo contrario que soupo maniatarnos o equipo e xogar as súas bazas.
Para nós unha enorme decepción pero pouco podemos decir dun equipo que se presentou con 8 baixas a xogar o partido, e só unha delas foi por sanción.
Próxima seman, recibimos o Cuntis en Outeiriño, partido que vai a ser complicado para gañar, ainda que nós en Outeiriño estamos maís cómodos a pesares do baixon das duas derradeiras semanas.
Aupa River .....