Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 29 de noviembre de 2010

River Silleda 1 - Universidade SC. 1

Este sábado tíñamos un partido contra o 4º clasificado, Universidade un equipo que acaba de baixar da División de Honra, un equipo que nos plantou cara en Outeiriño e que levouse un punto polo ordeado do seu xogo e a súa colocación no campo.
Salíamos o campo coa idea de sumar outros tres puntos, logo tíñamos cea e as ceas con victoria saben meyor, pero todo se complicou ata tal punto que se adiantaron no marcador logo de unha falta votada maxistralmente, logo de pegar no poste entraría na nosa portería.
Eles con unha defensa ordeada tapaban as incursións de Manu dende a bada dereita e cortaban as posibilidades de xogada a seu irman Javi, así parecía que non iba ser fácil empatar o partido, pero neses momentos apareceu José luis e rematou de forma contundente un corner que nos valería para empatar o partido e chegar o descanso.
No segundo tempo, mais do mesmo, o noso centro do campo estaba atascado e eles defendíanse mais ou menos ben, perdían o tempo e o partido estivo tan trabado que non fomos capaces de coller ritmo e impoñer o noso xogo rápido polas bandas.
Polo tanto, damos por bo o resultado e a seguir loitando para acadar os puntos necesarios para manternos na cima da taboa.
Próximo partido a Melide contra o Melivet, equipo o que lle temos que gañar si queremos seguir ahi arriba.....Aupa River....

lunes, 22 de noviembre de 2010

De cinco en cinco. Rodeiro 1 - River Silleda 5

Sabado 20. 4 tarde. Campo Rodeiro. Polo River : Chinchilla, Lolo, Luis Alavarez, Lito, Mariño, Kurras, Beni, Miguel Cuiña, Dardo, Manuel Glez y Javi Glez, xunto con Maril e Nacho que volven o equipo lojo da lesión.
Minuto 1, penalty a Dardo, marca Javi Glez.
Minuto 15. Remate de Javi Glez. 2-0
Minuto 19. Tiro dende fora da área de Kurras. 3-0
Minuto 22- Remate de cabeza de Lolo. 4-0.
Descanso.
Segundo tempo, gol do Rodeiro 1-4.
Setencia do partido con gol de Javi Glez. 1-5.
Resumindo, partido en Rodeiro, campo e herba natural en malísimas condicións, cheo de baches e resbaladizo. O día frío, 4 grados, choiva e vento, daba ganas de irse para a casa.
O mellor, os tres puntos.
O rival, ten bos xogadores pero non están nos mellores momentos de ánimo.
O árbitro, ben.
O equipo noso, a polos tres puntos e para casa.
Dez partidos xogados, 9 victorias e un empate, non está mal.
Aupa River Silleda.....

domingo, 14 de noviembre de 2010

Choiva de goles e auga en Outeiriño

Sábado pola tarde a choiva e o vento eran os verdadeiros protagonistas no campo de Silleda, daban ganas de todo menos de saltar o campo a xogar.
Saímos con once xogadores xustos, menos mal que logo aparceron tres mais a votar unha man por si facía falta, e algún deles si que tivo que axudar.
O rival, o Compostela un equipo que toca ben o balón e que tenta de xogar a futbol o mellor posible, como persoas e rivais son do mellor que atopamos polos campos de Compostela, alomenos para min.
Empezarón gañando o partido, gol do dianteiro logo de facer unha xogada pola banda dereita deles, enfrentando a defensa e colocando o balón pegado o poste no fondo das redes, nada poido facer Chinchilla por atallar o esférico.
Todo parecía que iba a ser moi difícil a remontada, o equipo contrario dominaba o encontro e adiante tocaban con perigosidade sobre a nosa área.
E tería que ser Mariño o que dende a banda votou un centro sobre a portería rival e acabou entrando pegado a escuadra, golazo e ó empate subía o marcador.
O partido seguía polos mesmos derroteiros e Dardo centraba un balón sobre o segundo pao que era rematado por Javi Gonzalez, poñíamonos por diante sin merecelo moito, pero xa todo parecía mais doado e o equipo contrario empezaba a dar mostras de cansancio.
Así fómonos o descanso e o segundo tempo foi moi doado, os dous minutos xa marcamos o terceiro e así asta chegar o 5-1 final, con goles de Javi Glez, Roberto e Dardo.
Roberto fixo un bo partido e por fin abría a súa conta de goles no River Silleda, ámoso gañas e tivo a súa recompensa.
Decir que o árbitro do encontro, estivo a un nivel mais que aceptable.
Próxima seman un partido de rivalidade contra o Rodeiro, perigoso partido para nós, sobre todo tal e como andamos agora mesmo, con un montón de lesións e baixas que merman a capacidade do equipo.
De todas formas, vamos a pola novena victoria desta tempada......Aupa River....................

lunes, 8 de noviembre de 2010

E volveron a perder...........

Este sábado volvemos a gañar, e gañamos outra vez mais o Touro, a pesares das súas brusquedades e das súas artimañas de dentro e fora do campo, volveron a perder..... e xa está nada mais.
Salimos a Touro coa intención de acadar os tres puntos e olvidarnos de istorias pasadas, de vellas batallas e desaires, pero non e fácil, o equipo contrario saleu con moita intensidade e forza, sin xogo no centro do campo e balóns largos o que fixo que a xente de creación do noso equipo "vias pasar polo alto", en defensa día de complicacións, de non saber o que facer con ela, metidos sempre en líos defensivos e así chegaría nunha nova perda do balon na banda izquierda, un contraataque rápido do dianteiro deles que bate o noso porteiro por raso logo de irse do defensa.
Mal comenzaban as cousas el Loxo, ainda que todo facía pensar que eles iban a baixar a intensidade física, e logo de mellorar un pouco no medio do campo chegaría o gol do empate noso. Gol de Dardo que eles protestaron moito, como sempre protestan todo, porque pedían falta ó porteiro, con empate fomonos os vestiarios.
No segundo tempo, eles fixeron o seu xogo buscando un remate de falta ou un contraataque e nos a contra poidemolos golear, pero javi non tiñan o día e así pasaban as ocasións e o marcador seguía igual, Beni tamen tivo outra moi clara que sacou o porteiro coa man.
Sería Francis que nunha das súas xogadas de "pillo" picou o balón por encima do porteiro deixando completamente batido, gol de listo.
E así acabou o partido, victoria nosa neste campo tan complicado para nós e seguimos sumando, esa é a nosa liga non a deles.
Aupa River.........

martes, 2 de noviembre de 2010

Empate na cabeza da clasificación

O sábado en Outeiriño tíñamos unha boa ocasión de poñer terra de por medio entre nós e o equipo de Tordoia pero non poido ser.
O campo estaba un pouco enchoupado e o balón non corría como é debido, polo que calquer fallo podía decantar o resultado a favor de unhos ou de outros.
Empezou ó partido con igualdade, pero quizáis eles estaban mais arriba do que nos teñen acostumados os outros equipos, polo que a nosa media non aguntaba as entradas dos xogadores deles e así chegaría o primeiro e único gol deles, o xogador número 20 regatea entre a nosa media e a defensa a 3 xogadores nosos e coloca de forma formidable o balón axustado o pao longo do porteiro, imparable, e o 0-1 subía o marcador.
Logo, sufríamos a lesión do noso porteiro, e entraría Manuel Gonzalez na portería, fixo un bo partido.
Seguimos como si nada, e incluso erramos algún remate de cabeza nos cornets na portería contraría, ademaís para nos houbo dous penaltis, sobre todo o de Javi Gonzalez que o árbitro non sinalou que poideron significar o empate, pero sería Beni con un tirazo dende fora da área o que poñería o empate no marcador co que nos fomos o descanso.
No segundo tempo, as cousas seguirían igual, ainda que quizáis eles dominaron mais o partido e o noso equipo non soupo levar o control do xogo, non é que crearan ocasións clara de gol pero si tiñan o dominio do partido, por rápidez e pola calidade de algúns xogadores que teñen.
A lesión de Javi Gonzalez, que se retirou no descanso deixounos un pouco orfos e perdemos un pouco a refencia en ataque polo que ainda Francis fixo o que poido pero non conseguímos acadar ningún acerto cara a portería.
Resumindo, para nós non foi mal resultado a pesares de ser no noso campo e non desvotamos o posibilidade de sorprenderlles alí, xa que no partido do sábado algúns dos nosos xogadores escasamente xustificarón a súa saida o campo, e eso notámolo moito sobre todo en ataque.
Eles, un moi bo equipo, que loitan e imprimen un xogo rápido e intenso, protestan todo o árbitro e están supermotivados.
Aupa River....