Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





viernes, 18 de junio de 2010

Cena Ascenso a Primeira A

En principio a cena de ascenso a Primeira División vamos a facela no Restaurante O Pino o próximo día 25 de Xuño.
Aplazase unha semana dende a fecha prevista.
Asi o día 25 vamos a festexar o ascenso de categoría, era o obxetivo e cumpleuse, polo tanto NOARABOA A TODOLOS INTEGRANTES DESTE PLANTEL.
Para o ano, estes son os equipos que integraran a 1ª División A.

Automi Rec. Barbanza de Boiro.
Bertamirans.
Cuntis
Club Deportivo Universidade S Compostela
M. Guadalupe de Boiro
T. Ventosa de A Golada.
Outes Deportes de Serra de Outes
Terra de Xallas de Santa Comba
Kubos Lalín
Deportes Caneda de Amio
Rodeiro
Nieto Chaian
Tordoia
Veteranos de Compostela
River Silleda
Portosín.


Como vedes, vamos a ter moita rivalidade cos outres tres equipos da comarca de Deza, pero vai a ser unha liga moi divertida e igualada, como sempre foi a Primeira A, as diferenzas no medio da taboa van a ser moi escasas.

lunes, 14 de junio de 2010

ASCENSO A 1 ª DIVISION A

Logo do partido do sábado contra o Carp. Vazquez Vilela en San Mamede volvemos a estar en 1ª División A, é será a terceira tempada nesta categoría.
O sábado tivemos que disputar o partido con 9 xogadores, as lesións, as sancións e as feiras en Silleda fixeron que tiveramos que aguantar o partido con nove xogadores e lesionados moitos deles.
A Agrupación ten que pensar que non se pode prolongar tanto tempo a competición, debería xogarse mais fines de semana en nadal e non chegar a estas datas con partidos.
Pois nada, o obxetivo acadado, todos fomos importantes na consecución deste obxetivo, unhos mais unhos menos, e solo temos que lamentar a falta de compromiso de algún xogador, que antepuxo case sempre o seu en detrimento do equipo.
Sin mais, noraboa a todos.......AUPA RIVER SILLEDA.

martes, 8 de junio de 2010

Melivet 4 - River Silleda 1

Presentámonos o sábado pasado en Melide coa intención de xogar un partido amigable, dado que pensábamos que todo estaba feito, e atopámonos con una reclamación do Touro por alineación indebida de un xogador noso. Hai que ter collóns, o Touro un equipo que xoga o partido contra nos co xogador número 10 coa ficha do número 16 e ainda reclaman, está claro que non saben perder, eso xa o demostraron no campo, non todolos los xogadores tamen é certo.
Esperemos a decisión da agrupación de Veteranos e pola nosa parte tamen actuaremos en consecuencia, estaría ben que ascenderan o Touro con 11 puntos menos na clasificación ca nós.
En canto o partido, pouca istoria, fomos 10, logo outro que chegou 11, e deles 3 lesionados que non daban nin corrido. No minuto 2 o árbitro pita un penalty de risa e expulsa a Lolo, e por encima insultanos porque lle protestamos e ameazanos con deixarnos fora da competición si nos vamos. O outro equipo ríase e hasta creo que se lamentaba de nós, pola súa parte non houbo nada que decirlles, eles xogarón o seu.
En canto o Sr. colegiado de Dubra, antes xogador de veteranos no Momo San Pedro de Vilanova, lamentable, dan ganas de deixar esto do futbol de veteranos, así non se pode xogar con este deporte Sr. tiburón.
AUPA RIVER..........

jueves, 3 de junio de 2010

River Silleda 2 - Agricola Touro 1

Por fin, acadamos o ascenso, volvemos de novo a 1ª División A, logo deste liga que ainda que tivemos momentos complicados non nos resultou de todo díficil. De momento 5 partidos perdidos é un bo balance debido sobre todo o curta plantilla da que dispoñíamos e das expulsións que tivemos.
Sobre o partido, non vou a comentar nada porque partidos destes sacan as gañas de xogar o futbol, embarullado, crispado, eles que protestan todo o árbitro, nos que non nos deixamos comer por ninguén tampouco.
Resultado final, que lles gañamos os dous partidos e nos subimos e eles quedan onde estaban. Hai que roelo.....agora que está a xogar o ascenso o Pontevedra, ven o caso.
AUPA RIVER....FELICITACIONS A TODOS OS MEMBROS DO EQUIPO.
En principio teremos una cea de ascenso o venres día 18 no HOTEL NOVO de LALIN.
NORABOAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA.....

Ahhhh.: O sábado vamos a Melide, as 5 co Meliver Santiso.

miércoles, 2 de junio de 2010

Climatras Esteiro 1 - River Silleda 7

O sábado xogamos en Serra de Outes, con un campo en excelentes condicións, un partido que ainda que non parecía difícil, podería selo en caso de perder.
Saimos o campo con dez xogadores porque Jose Luis Alvarez non se atopaba recuperado das súas molestias, en principio parecía que tiñamos que ter coidado e polo tanot planteamos un partido replegado atrás en con salidas rápidas o contra ataque.
E así foi, eles desinflados moralmente foron víctimas nos nosos ataques, tanto de Cuiña como de Elías, e así Javi Gonzalez iba metendo os goles, un tras de outro, algún de moi boas maneiras.
Solo un penalti inexistente señalado polo árbitro, cando o partido iba 0-2 pudo meternos algo de medo, pero despois demostrouse que non era para tanto.
No segundo tempo seguimos coa mesma tónica e incluso antes do tempo reglamentario o árbitro dou por finalizado o mesmo.
Sin más que contar, agora solo nos falta un punto para concerir o ascenso, ó próximo mercores xogamos contra o Touro, un equipo que ainda ten opcions de ascenso e que seguro nos vai poñer as cousas moi complicadas dadas as lesións e baixas do noso equipo.
Aupa River....