Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 24 de mayo de 2010

River Silleda 2 - Alm. Cancel Tordoia 2

Partido contra o lider e campión da categoría este ano, o Tordoia que según os números demostrou ser superiores os demais equipos da categoría. Para nos bo resultado porque rompemos a racha negativa de derrotas que nos estaba creando dudas das nosas posibilidades neste final de liga.
O sábado o partido contra este equipo empezaba para nos como sempre con 12 xogadores e sin moita esperanza de acadar nada positivo, ainda que as ganas de gañar eran moitas polo sucedido ala en Tordoia. Foi un equipo moi agresivo con nos, e ainda que en Outeiriño non foi tanto, estes xogadores están todo partido a "cara de can" nada que ver cos xogadores do Vet. de Compostela, que da gusto xogar con eles.
Pois nada, empeza o partido e marcan nunha perdida de balón noso o 0-1 e de rebote, logo mais tarde lesionase Luis, que arrastra unha lesión dende o partido anterior, e non tardaría moito en chegar o 0-2, de falta directa tocando nun xogador noso tamen.
Fomonos repoñendo pouco a pouco e chegaría pola nosa parte o 1-2 e incluso ó empate, asi chegamos o descanso.
No segundo tempo ningún dos dous equipos quixo arriesgar nada e o calor podíanos a todos, eles tiverón algunha ocasión, porque os dianteiros son moi rápidos pero nos tamen poidemos marcar, de feito o árbitro qeu estivo un pouco en contra nosa, anulounos unha xogada de gol por fora de xogo que estivo a punto de non pitar, porque ainda dúvida hoxe da mesma, para nos non estaba, pero entrou tan ben Elías que o árbitro non o acababa de entender como o deixaron entrar así.
Pois nada, bo resultado para nos, dadas as baixas e expulsions que temos no equipo e ó próximo partido en Esteiro o sábado. Equipo que vai último na clasificación pero que para nós sempre e difícil.
Aupa River.

viernes, 21 de mayo de 2010

Veteranos Compostela 5 - River Silleda 2

Partido xogado en Brión, onde os locais nos pasaron por encima case que todo o partido. Nos, mermados de efectivos, tampouco estivemos nada ben en defensa, nin siquera en ataque e así salimos, vapuleados. Con outro expulsado e xa van unhos poucos. Estasenos facendo demasiado longa esta liga e menos mal que temos millo vello no hórreo senon o ascenso ibasenos facer imposible.
Próximo partido difícil contra o lider en Silleda, dadas as baixas que temos, unhas ppor lesión, outras por expulsións.
Aupa River.....

miércoles, 5 de mayo de 2010

Xornada de descanso e aplazados

Logo da xornada de descanso os resultados dos partidos aplazados foron estos:
Tordoia 1- Veteranos Compostela 1
Salgueiro Touro 0 - O Pino 0
Esteiro 2 - Carpint. Vazquez 4.

Así queda a clasificación.
1-. Cancelka Tordoia 64
2-. Vet. Compostela 50
3-. River Silleda 50
4-. Portosín 41 (2 partidos menos).
5-. Salgueiro Touro 37 (1 partido menos).
6-. Castrosua 33
7-. Melivet Santiso 33.................

Próximo sábado partido contra o Touro en Silleda as 5 menos cuarto, tentaremos facelo o mellor posible pero as expulsións do partido anterior vannos a mermar moito o equipo.
Aupa River....