Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





lunes, 30 de marzo de 2009

Mad. Ramos 8 - River Silleda 3

Partido de copa xogado en Calo o sábado pasado, sin moita mais historia que é a derrota mais abultada que recibimos en 6 anos en competición, nada mais que eso.
En canto o partido, pois pouco que decir, un equipo estaba con baixas importantes pero os que estaban tampouco podian encaixar tantos goles, ainda que si e verdade que lle metemos 3, cando eles son un equipo que encaixan moi poucos goles na liga, ademais sacando o penalti, dous golazos, unh en falta directa de Mariño pola escuadra e outra do noso dianteiro que regateou a 3 defensas, encarou porteiro e tamen o regateou, deixando o balón sobre a linea de meta. Foron os únicos aplausos que se oiron nese partido.
En canto os goles deles, decir que moitos foron fallos nosos de querer xogar o balón dende atras, como o resultado non era o que mais nos preocuaba estivemos moi froxos de concentración é de ahi os oitos goliños que nos meteron, 3 deles do rubio Shuster que se iba en velocidade por todolos lados. Pois nada, agora xa fora da copa, a pensar no partido do sábado que ahí si nos xogamos moito. Ahhhh, por certo, no Maderas Ramos xogou co numero 2 un rapaz que xa xogara contra nos co Marrozos este ano na liga, dame que ahi equipos na nosa liga que están metendo xente sin ficha, tomaremos as medidas oportunas para que non o volvan a facer no partido que temos que xogar contra eles na segunda volta.
Aupa River.....

sábado, 21 de marzo de 2009

Xamoneria Kirss Boiro 1 - River Silleda 3

Hoxe adianto ó día do comentario porque xa tiña ganas de anotar unha victoria no noso casilleiro, pois si, por fin acadamos os tres puntos, neste caso en Boiro, ante un equipo que se nos dou ben este ano, fixemoslle os 6 puntos en xogo.
Ainda que nos presentamos con poucos efectivos, debido as ausencias por distintos motivos e a lesión de nacho que fixo de delegado, os que estivemos no campo demos todo o que poidemos e o final acadamos a recompensa, unha victoria moi traballada.
Polo tanto a victoria e cousa de todolos xogadores que estiveron sobre o campo, un dez para todos e como decía o outro día, xa tocamos fondo e agora hai que tirar para diante.
De momento, partido de copa contra o Maderas Ramos en Calo, partido que non nos preocupa porque esa non é a nosa guerra e non debemos perder efectivos para próximos partidos. Logo imos o campo do Ag. Salgueiro en Touro, un campo con un cespede malísimo e onde e moi dificil acadar os tres puntos, pero dende logo que lle podemos gañar porque non son mellores ca nos, nin moito menos..... FORZA RIVER.........

domingo, 15 de marzo de 2009

Tordoia 2 - River silleda 1

Tocamos fondo !!!!!. logo de esto xa non o podemos facer peor, temos que facer autocrítica e pensar si todo esto é froito da casualidade, dos erros por falta de concentración, da falta de compromiso co equipo. Non é o momento de votar culpas a ninguen, senon de ver esto como un deporte. O mellor do partido, nadie rompeu nada....
Sin comentarios....

jueves, 12 de marzo de 2009

Ulla Oil 4 - River Silleda 1

Resultado moi abultado que parece que soio da fe do penoso segundo tempo que fixemos en San Mamede. Logo de un bo comenzo e despois de mandar dous balons o longueiro, e preto do descanso, marcanos nos o gol en meta propia. Era una historia anunciada, tanto fallar para que o equipo contrario se adiantara no marcador. Vamos o descanso con 1-0. No segundo tempo chegou o noso empate de falta y rapidamente volven a marcar o 2-1 e ó 3-1. De aqui para adiante, deambulamos polo campo dando mais pena que outra cousa, e desexando que a pesadilla se acabará. Derrota sin paliativos, outra cousa e ó que poidera pasar de haber marcado nos balons enviados o longueiro, pero eso non foi asi.
Ainda hai vida, pero xa entramos na zona de descenso e esto está moi...moi ...dificil.
FORZA RIVER......SEMPRE....

domingo, 1 de marzo de 2009

Copa Veteranos

River Silleda 2 - Symatec Bermes 1.
Partido de copa xogado en Outeiriño diante do Bermes, partido que non ten moito que contar a non ser que a situación na que está o equipo e moitos dos xogadores do equipo veuse o sábado pasado cando un afeccionado lle preguntaba ou outra cal era o equipo de terceira o negro ou o Azul, a verdade e que non o fixemos nada mellor que eles y en vistas da xente que estaba no campo tiñase que notar, pero nada de eso, a por encima creemonos superiores e permitimonos o luxo de deixar que o porteiro xogue de dianteiro e mesmo que tire os penaltis, e os erre, claro.
Nada, que non valía a pena estar ali vendo a falta de acierto do noso equipo, e memos a falta de forma que se nos ve, ou vamos a entrenar ou teremos que xogar en terceira división.
Agora o sábado partido de liga e seguimos coas baixas por distintos motivos, unha pena, pero esto non ten boa pinta....
Adiosssssssssssssss.