O sábado volvemos a perder no campo do Lamela ante o lider Hnos. Couto, con un equipo moi mermado polas baixas e as sancions, con once xogadores afrontamos o partido votandolle mais coraxe que outra cousa.
Saliron eles moi fortes e pasamos 20 minutos moi presionados, sacando dous balons baixo os paos, e chegou o primeiro gol. Logo tivemos a ocasión de empatar con un penalty fallado por Lolo, unha pena, era o primeiro que nos pitaban na tempada.
E cando todo iba mais ou menos controlado, nun despeche de un xogador noso que pega noutro e cae o balon na area diante do dianteiro rival que marca o segundo gol, recortaríamos distancias nun rexeite dunha falta votada por Iglesias e remachada por Maril. No segundo tempo fixemos mellor partido a pesares que quedar con 10 xogadores os 5 minutos por expulsión de Iglesias, pero non fomos capaces de manexar o partido, e ainda que tivemos a ocasión de igualalo por mediación de Cuiña a falta de 7 minutos, que nunha xogada sensacional non foi capaz de picarlle o balón o porteiro despois de haber regateado a toda a defensa rival. E claro, chegou para eles o terceiro gol e definitivo que lle daba os tres puntos.
Hai que recoñecer que o equipo contrario xogo mais que nos ainda asi tivemos a posibilidade de acadar o empate si tiveramos sorte para resolver diante do porteiro, pero bueno hai que seguir esto cada vez ponse mais complicado pero sigue dependendo de nos a salvación ainda que o ter que xogar os partidos todos fora sacanos posibilidades en principio.
A ver si para o próximo partidos podemos contar de novo con Couto, Ojea, Vinseiro, Nacho, Mariño, Elias, Abeledo, Ruben, son moitas baixas que nos están mermando no xogo.
lunes 23 de febrero de 2009
River Silleda 1 - Hnos Couto 3
Publicado por
Administrador
en
12:45
0
comentarios
domingo 15 de febrero de 2009
Castrosua 1 - River Silleda 1
Acudíamos este sábado o campo do Esclavitude coa imperiosa necesidade de acadar algun dos puntos en xogo, e ainda que tíñamos baixas moi importantes no equipo (Couto, Ojea, Nacho por lesión, Mariño, Orza) era necesario plantarlle cara a un equipo que vai a estar loitando con nos, visto o equipo que teñen.
Saliron mais metidos no partido ca nos,e pasámolo mal os primerios 25 minutos, e nunha desas ocasions, o colexiado que non estivo moi acertado e bastante caseiro, pitou penalty a Iglesias por derribo a un contrario que estaba de espaldas e ó borde da área.
Nada, o equipo estaba sufrindo moito en defensa e apenas chegábamos o ataque, pero fomos o descanso un pouco mellor do que empezamos e coa intención de remontar na segunda parte.
No segundo tempo salimos moito mellor e controlamos o partido, de feito xogouse case todo o segundo tempo no campo contrario, pero seguimos moi romos en ataque, menos mal que nunha das ocasions Sito marcaba o gol do empate.
Tivemos outras ocasions de gol, que non chegamos a finalizar, e todos cantamos gol nunha xogada de cuiña que lle pasou o número 9 noso, e este votou o balón fora, rozando o poste, ahi estaba o gol da victoria e os tres puntos.
Nada, empate que ainda que non nos encheu de todo e moi importante, pola moral que nos da e porque mentres sumemos non hai problema.
Este sábado ven o lider, seguramente xogaremos fora de Silleda, en Lamela ou Laro, temos que usar as nosas extratexias, ser duros e tocaguevos, sacarlles as gañas de xogar e mentalizalos de que para eles ese partido non ten importancia e para nos pode significar moito para salvarse.
FORZA RIVER........VAMOS A POR ELES.........
Publicado por
Administrador
en
11:21
0
comentarios
jueves 12 de febrero de 2009
River Silleda 0 - Rec. Arturo 2
Volvemos as andadas, nada que estivemos moi blandos con un equipo que se atopou 2 regalos nosos e sin facer moitos meritos, aparte de repartir patadas a diestro e siniestro coa falta de sanción do arbitro que non quería amosar tarxetas.
De todas formas, non hai excusa e o partido perdemolo nos, e como non amosemos outro nivel de compromiso e agresividade cos contrarios vannos a gañar todolos partidos. Esperemos que esta sexa un lección para próximos compromisos, nunca mellor dito.
Nada mais que decir, e a loita continua, ó próximo sábado no campo de terra de Esclavitude con un rival directo, o castrosua.
Aupa River....
Publicado por
Administrador
en
0:34
0
comentarios