Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 11ª tempada do River Silleda Veteranos na PRIMEIRA DIVISION A, na liga da ADVSANTIAGO.
Istoria do equipo: 1 tempada en 3ª División, 1 tempada en 2ª División, 2 tempadas en 1ª División B, 5 tempadas en 1ª División A, 2 tempadas en Division de Honor.
Títulos acadados na Agrupación de Santiago, 2 CAMPEONATOS DE PRIMEIRA DIVISIÓN A.

Logo de un ano moi complicado na Primeira Division A, este ano repetimos categoría e ainda que tivemos moitas dúvidas a hora de seguir competindo, porque cada vez somos menos xogadores e mais equipos, e este ano algúns deles na comarca de Deza desaparecen ou se van a xogar a liga de Ourense.

A plantilla 2013-2014 está composta polos seguintes xogadores: os que xa levan 11 anos no equipo, (Lolo, Lito, Nacho, Mariño, Miguel Cuiña), Jose Luis Alvarez, Fernando Piñeiro, Nercellas, Beni, Luis Kurras, Pampín, Marcos, Julio Ferradás, Elías, Javi Sardi, Abrahan, Cuiña Chinchilla, Dardo, Santi, Oscar, Toño Pampín, Juvenil.

Nestes 11 anos queremos facer un recordo para todos los xogadores que estiveron neste equipo, sin eles non sería posible ser o que somos, un equipo que foi de ascenso en ascenso ata as categorías de arriba, mantendo un bo nivel, e que como persoas e grupo ainda somos moito mellores.
O noso mais rendido homenaxe a Rubén, Jose luis González, Jose Luis Luaces, José Abeledo, Toño Abeledo, Lameiras, Sito, Javier Couto, José Gonzalez, Jorge, Orza, Alberto Maceira, Iglesias, Calviño, Maril, Heredia, Francis, Eduardo, David Vieites,
Jose luis, Pastor, Manuel Gonzalez, Javi González, David Iglesias, Julio Lamela, Roberto, Amado e Nelson; e sobre todo o noso mais agarimoso recordo a Machete que xa non está entre nós. Tamén o noso delegado - alineador de toda vida Juan Jose Peña León.

AUPA RIVER......





martes, 30 de septiembre de 2008

River Silleda 4 - Ulla Oil 0

Partido amistoso xogado no campo de Outeiriño, mais que nada un entrenamento onde nos estivemos un pouco más vivos e rodados o cal fixo que nos impuxeramos o Ulla Oil, pero esto non era mais que un entrenamento, co cual para a semana empezan as cousas en serio. Visita a Vea para xogar co Racambios Arturo, un equipo que fai dous anos nos foi moi dificultoso gañarlles ali e que na segunda volta nos empatou na casa, polo tanto vai ser moi dificil traerse os tres puntos en xogo, ainda que nos, non nos conformamos con menos....

lunes, 22 de septiembre de 2008

Amistoso en Touro

Sabado partido amistoso en Touro contra A. Salgueiro, ainda que gañamos 2-3 despois de ir perdendo 2-0, o resultado non é importante, estivo ben como entrenamiento ainda que o equipo estaba moi pouco motivado. Importante foi que corremos, tocamos, e a seguir collendo ritmo para o comenzo da liga, que nos vai a facer falta. O próximo sabado, partido en Silleda contra o Ulla Oil, esperemos estar o completo para poder facerlle frente a este partido xa de moitisima rivalidad pola traxectoria de anos anteriores.

domingo, 14 de septiembre de 2008

Amistosos de pre-tempada

Levamos tres partidos amistosos nesta tempada, o primeiro partido contra o Gruas lalín que gañamos, o segundo partido contra o Melivet Santiso, partido disputado contra un dos nosos rivais de sempre nos ascensos, gañamolo tamen, e o terceiro partido este sabado pasado outra vez contra o Gruas lalin, de novo polo problema que tivo para xogar o equipo de A Golada. Neste terceiro partido xa poidemos contar con Ojea, Abeledo e Vinseiro que xa disputaron os partidos anteriores. O equipo está mostrandose equilibrado e con moi bo toque do balón ainda que lento fisicamente, outra cousa será cando nos enfrentemos os rivais do noso nivel. Este ano a 1ª División A non vai a ser doada, como tampouco fora fai dous anos, pero novos equipos veñen de abaixo con bo nivel, asi o demostraron na copa de veteranos.
Quedan dous partidos mais amistosos e logo a liga que comenzara o día 4 de Outubro.

Comenzo da tempada 2008-2009

O día 4 de Outubro comenzamos una nova tempada, este ano na 1ª División A. O noso agradecemento os xogadores que nos deixan por diversos motivos, Calviño (lalin Veteranos), Francis (Rodeiro Veteranos), Heredia (Laro 2ª Rexional), Pastor (Hierros Diego) e Iglesias. Benvida as novas incorporacions Vinseiro, Ojea, Abeledo e Pauli, seguro que a súa aportación o equipo será moi importante. Mantense a filosofía xeral do equipo con ex-xogadores do C.F. Silleda e compañeiros todos.
Asi que.....un ano mais estaremos ahi.