Benvido o noso blog.

River Silleda Veteranos, 7 tempada do noso equipo, neste ano militaremos na 1ª División B, logo do descenso consecutivo de duas tempadas, empezaremos a competición o día 26 de Setembro, con 9 baixas e aincorporación de xente nova no equipo. A plantilla está formada de momento por 16 xogadores, Piñeiro, Machete, Lito, Lolo, Nacho, Mariño, Elías, Orza, Maril, Ojea e as incorporacions de David Vieitez, Benigno, Javi Gonzalez, Luis, Luis Rellas, Mixel. Como adestrador e delegado un ano mais, Juan José León.


martes 27 de mayo de 2008

Maderas Ramos 3 - River Silleda 0

Ultimo partido de liga en división de honor e ultima derrota neste caso en Calo ante o campión de Liga, partido con 0-0 no primeiro tempo e o equipo mostrouse bastante equilibrado en defensa e ataque, incluso con oportunidades para adiantarnos no marcador. No segundo tempo, gol de falta como sempre, e en pouco minutos xa perdíamos por 3 -0. Logo cambio de porteiros, Francis fixo de porteiro e dou confianza o equipo para acabar asi o partido.
Pois eso, nada, que tocou baixar, a verdade e que fixemos una segunda volta negasta, e non temos nada que obxetar a todo esto, e a pesares de que aqui vense cousas moi raras, como podemos ver nesta semana onde os nosos rivais gañan en Cuntis e Lalin pa evitar o descenso, ainda que claro un deles tiña que caer, la vida sigue....e para o ano, nos vemos en primeira.....
Saudos a todos.....

lunes 12 de mayo de 2008

River Silleda 2 - J. Sampredo Oasis Boiro 2

Con este partido queda pechada por este ano a nosa actuación en Outeiriño e con ela unha temporada bastante rarilla, e deixemolo en rarilla, sin mais calificativos, porque ainda que os xogadores tivemos moita culpa da situación na que nos atopamos e somos os máximos responsabeis dos resultados, queremos deixar constancia de feitos que non xustifican os resultados pero que condicionan os mesmos.
Este ano tivemos lamentables arbitraxes tanto en Silleda, onde os colexiados foron superigurosos co noso equipo e nefastos, salvo raras ocasions, fora do noso campo. Non vamos a dar nombres, nin queremos meter a todos no mesmo saco, pero algunhos señores que levan moitos anos neste mundo debían deixar que outros arbitros con mais calidade e menos "amiguetes" sexan os que arbitren os partidos da División de Honra, e nos consta que os hai ,e pitan moi poucas veces nesta división, porque estos señores "resabiados" sacanlle as ganas a calquer xogador de seguir competindo en veteranos, e sobre todo, cando ainda por encima nos chegan a insultar como equipo ou como pobo, lamentable.
E logo de decir todo esto, falar do partido do outro dia, nada novo, o equipo está roto, por encima cebaronse na agrupación sancionandonos a 4 xogadores para este partido, polo que soio 13 xogadores poideron sair o campo e tentar sacar adiante de forma mais ou menos digna o partido.
O resumen, o mesmo de sempre, fallos increibles de todo o equipo, aidantaronse eles no marcador, empatamos nos, volveronse a adiantar e volvemos a empatar, pero non atinamos unha a dereitas, mais ou menos como o arbitrpo do partido, que por ver, non veu un penalty clamoroso naderradeira xogada do partido. Nada, eles sabean que fixemos nos este ano para axudarnos desa maneira a que non saquemos a cabeza fora da auga, chega un a pensar que hai intereses ocultos en salavar a alguns equipos da queima e tentar salvar a outros. Como me gusta xogar a pitoniso, aposto que tanto o Hermanos Couto de Boqueixon como o Peña Navegante van salvar a categoría e o Lalin vai a ser o equipo sacrificado para o descenso, e ainda que somos veciños e temos rivalidad con eles, xa nos fastidia que eso se decida ou se axude a decidir desde outros foros que non sexan os deportivos. Viva o xogo limpo e o deporte........

martes 6 de mayo de 2008

Cuntis 2 - River Silleda 1

Partido xogado o día un de Maio nas boas instalacions de Cuntis, campo de herba natural, algunhos equipos de Divisiónd e Honor, como o caso de Barqueiro Ons deberían tomar nota, porque alí non se pode xogar, e menos cambiarse, aquelo e un cuchitril comuna, onde non collen nin cinco xogadores. Pois eso, xogamos nestas boas instalacions un partido onde tentamos dara a cara, pero bueno, demasiado tensión para facer un bo partido, e logo despois de marcar o equipo contrario, igualamos cunha boa xogada de Elias. Logo chegaría o 2 a 1 nunha anticipación o noso porteiro e todo nervos e dificultades para acabar o arbitro expulsando a 2 xogadores do noso equipo e un deles. O arbitro fatal, para nos pero tamen en xeral, debería deixar de arbitrar con esa actitude. Nada, que noraboa o Cuntis, que xa casi teñen acadado a salvación e nos pois a disfrutar do que nos queda de Liga e para o ano dios dirá.
Si queredes ver un mellor comentario do partido, visitar a páxina do Cuntis Veteranos, suscribo o comentario do partido na súa totalidade, obxetivo total.
Próximo partido en Outeiriño co Oasis Boiro, con lesionados e sancionados, a ver que podemos facer....